top of page
Buscar
  • Foto del escritorGrupo Lobo

Actividades de Grupo Lobo IES Leliadoura (Ribeira - A Coruña)

Actualizado: 28 nov 2023

Este luns, tivemos o pracer de visitar durante a mañá e a tarde o IES Leliadoura para levar a cabo dúas actividades deseñadas especialmente para os estudantes de 1º da ESO e aqueles de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

Na actividade destinada a 1º da ESO, dividimos o tempo en tres partes fundamentais. Inicialmente, enfocámonos en destacar a importancia do lobo no ecosistema galego e en describir as características distintivas entre o lobo e o can. A seguir, os estudantes participaron na creación de pegadas de diferentes animais en argila usando moldes de resina. Ademais, tiveron a oportunidade de observar e manipular cráneos, cornos e restos biolóxicos de varios animais, como xabarín, corzo, cervo, lobo, can, gato montés, lince, entre outros.

No que toca aos estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, a actividade consistiu nunha conferencia que destacou a importancia do lobo para a saúde dos ecosistemas galegos, sinalándoo como o principal depredador de animais enfermos e vectores de enfermidades para o noso gando. Durante a presentación, abordáronse temas como mapas de distribución, o estado actual do lobo na península Ibérica, a caza e o trapéo ilegal, entre outros. Os participantes tamén tiveron a oportunidade de visualizar vídeos que mostraban diversos comportamentos tanto en lobos adultos como en crías. Posteriormente, levouse a cabo a observación e manipulación de cráneos, cornos e restos biolóxicos de varios animais, incluíndo xabarín, corzo, cervo, lobo e can. A actividade concluíu cunha sesión de preguntas e respostas, onde os estudantes puideron plantexar as súas inquietudes e dúbidas xurdidas durante a charla.

Queremos destacar o bo comportamento e atención dos mozos e agradecer a confianza e o agarimo co que nos trataron os seus profesores.


Entradas Recientes

Ver todo
© Derechos de autor
bottom of page