PARTICIPA: O LOBO PODE PERDER A SÚA PROTECCIÓN EN EUROPA
- Grupo Lobo
- 22 may
- 1 Min. de lectura
🐺 GRUPO LOBO GALICIA FAI UN CHAMAMENTO: DEFENDE O LOBO IBÉRICO ANTES DO 12 DE XUÑO
Desde Grupo Lobo Galicia facemos un chamado á cidadanía, entidades e comunidade científica para que envíen alegacións antes do 12 de xuño e impidan a perda do estatus de protección legal do lobo en toda a Unión Europea.
❌ A QUE NOS ENFRONTAMOS
A Comisión Europea propón rebaixar o nivel de protección do lobo (Canis lupus) na Directiva Hábitats, pasando do Anejo IV (especie estritamente protexida) ao Anejo V, que permitiría aos Estados membros autorizar a súa caza baixo o pretexto de “xestión”.
Esta proposta non responde a criterios científicos, senón a presións políticas e mediáticas que promoven un discurso baseado no medo e na desinformación.
🧬 O LOBO É IMPRESCINDIBLE PARA OS NOSOS ECOSISTEMAS
A comunidade científica internacional é clara: o lobo cumpre funcións ecolóxicas insubstituíbles. Entre elas:
🔹 Regulación das poboacións de herbívoros silvestres.🔹 Prevención de enfermidades en fauna silvestre e gandería extensiva. Mantemento da biodiversidade e dos ciclos naturais.
O lobo ibérico, presente en Galicia, conta cunha baixa diversidade xenética, sofre furtivismo, perda de hábitat e unha presión institucional constante. Rebaixar a súa protección legal sería unha neglixencia ambiental de consecuencias irreversibles.
✍️ COMO PARTICIPAR
👉 Envía a túa alegación antes do 12 de xuño ao correo:📩 buzon-sgb@miteco.es
🔹 Inclúe o teu nome completo e DNI (persoa física) ou a denominación da entidade e NIF (persoa xurídica).🔹 Podes redactar o teu propio texto ou empregar un modelo de alegación dispoñible.
🌍 DEFENDAMOS O NOSO PATRIMONIO NATURAL
Non podemos permitir que se retroceda na protección dunha das especies máis emblemáticas, vulnerables e necesarias do noso país.
📢 Envía a túa alegación. Difunde. Actúa. Porque sen lobo, o monte cala.
Comentarios