top of page
Buscar
  • Foto del escritorGrupo Lobo

A Verdade sobre os Lobos: Rompendo Mitos e Promovendo a Convivencia

Actualizado: 16 oct 2023

Menos lobos

15 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Polémica artificial”. Así define Jorge García, voceiro de Grupo Lobo a proliferación de noticias alarmantes sobre un suposto crecemento incontrolado da poboación de lobos. Non hai tal. Nin en Galicia nin en España. “A poboación está estancada”, aclarou no espazo Radio Animal.

“Promover a coexistencia entre lobos e humanos” é un dos obxectivos de Grupo Lobo, asociación sen ánimo de lucro con sede en Narón. Levan sete anos facendo seguimento e estudando os grupos reprodutores en Galicia. “Non se sostén ese suposto crecemento incontrolado da poboación de lobos. En Galicia, no censo 2014 había noventa grupos reprodutores, no censo de 2022-2023 aparecen noventa e tres. Non é un aumento significativo da poboación, máis ben un estancamento. En España pasa igual, hai poucos e están acantonados no noroeste da península”, declarou Jorge García a Radio Fene. Dentro do labor divulgativo que realiza a entidade, teñen prevista para novembro a primeira charla e saída medio ambiental con escolares que poderán observar un cranio de lobo cedido pola Consellería de Medio Ambiente. Realizan, tamén, vixilancia ambiental que deu lugar a denuncias pola aparición de lazos e velenos no monte. E comezaron facer seguimento de gato montés nas Fragas do Eume e do oso nos Ancares.




73 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
© Derechos de autor
bottom of page